Rematan os traballos de mellora da estrada entre Fontespiño e As Abellas

16-01-2020

Estes días veñen de rematar as obras de mellora da estrada que comunica os lugares de Fontespiño e As Abellas, da parroquia de Muíño. 

As obras, que afectaron a unha superficie de 9.280m², consistiron na preparación e limpeza do antigo firme e na posterior renovación cunha capa de aglomerado en quente de cinco centímetros de groso. Ademais perfiláronse e limpáronse as cunetas a ambos marxes da estrada mellorándose así a seguirdade viaria nunha zona cunha importante tasa de tráfico agrícola e forestal. A empresa local Ponciano Nieto, S. L. foi a encargada de executar os traballos que ascenderon a un total de 62.353,08€.

Nos últimos meses renovouse o firme de varias estradas de titularidade municipal; unhas melloras que se enmarcan dentro do plan de mantemento e conservación de vías e espazos públicos posto en marcha polo goberno municipal de Zas e que responden ás demandas da veciñanza. 

 

Compartir: