Mañá recibimos en Zas a visita dos Reis Magos

04-01-2020

 

En Zas xa temos todo preparado para recibir mañá a visita dos Reis Magos. Como non podía ser doutra forma e ao igual que o veñen facendo nos últimos anos, percorrerán todo o municipio dende ben cedo para atender ás peticións de todos  os nosos veciños e veciñas. Un bo número de paxes acompañarano durante o seu percorrido e éstes serán os encargados de repartir quilos e quilos de caramelos. O itinerario e os horarios estimados son os seguintes: 

10:00 horas: Andregalla

10:30 horas: Lamas

10:45 horas: San Cremenzo

11:00 horas: Gándara

11:30 horas: Carreira

12:00 horas: Mira

12:30 horas: San Adrián

12:45 horas: San Martiño

13:00 horas: Fonte Espiño

13:15 horas: Pudenza

14:30 horas: Brandomil

14:50 horas: Brandoñas

15:00 horas: O Couto

15:15 horas: Meanos

15:45 horas: Loroño

16:00 horas: Vilar

16:15 horas: Fornelos

16:45 horas: O Allo

17:00 horas: Cabalgata polas rúas de Baio e a continuación recepción no pavillón 

18:30 horas: Zas e a continuación recepción no Centro Sociocultural 

Unha vez feito o percorrido por todo o Concello de Zas haberá dúas recepcións reais. Ás 17:00 horas os Reis Magos percorrerán as rúas de Baio e dende alí dirixiranse ao  pavillón municipal da vila para que os máis pequenos poidan falar con eles e de entregarlles as súas cartas. A festa prolongarase co espectáculo infantil “Volta a Maxia” de Dani García que comeza ás 19:30 horas. E ao remate da actuación a festa continuará con inchables, pintacaras, xogos e… moito máis grazas á colaboración da Anpa Labarta Pose de Baio, a Asociación Cultural Adro e á rede de comerciantes e hostalerios de Baio. 

Os Reis Magos tamén percorrerán as rúas de Zas sobre as 18:30 horas e logo dirixiranse ao Centro Sociocultural para facer alí outra recepción. Un pouco máis tarde, ás 20:00 horas, comezará a actuación infantil “Saaabor!”.

Extremar a seguridade

Co fin de garantir a seguridade, as carrozas irán acompañadas durante o seu percorrido de membros de Protección Civil e da Policía Local polo que, dende o Concello de Zas, rogamos atender ás súas recomendacións así como vixiar en todo o momento aos máis pequenos gardando as debidas distancias de seguridade. 

Compartir: