CURSOS DE INFORMÁTICA E MECANOGRAFÍA

02-07-2010

O pasado mércores, deron comezo os cursos de informática e mecanografía incluidos na programación das actividades de verán do Concello de Zas para este ano 2010, no que participarán un total de 45 nenos e nenas do municipio.

O primeiro dos cursos está dirixido ós máis pequenos, de 5 a 8 anos. Impártese en 15 sesións os mércores, xoves e venres dende o 30 de xuño ao 30 de xullo, en horario de mañá de 10 a 12h. no Centro Sociocultural de Zas, ao que acoden un total de 15 nenos e nenas.

O alumnado de 9 a 12 anos comezará o día 4 de agosto ata o 3 de setembro, tamén en horario de mañá, pero nesta ocasión divididos en dúas quendas: a primeira, de 10 a 12h. e a segunda quenda, de 12 a 14h.sendo un total de 30 participantes durante este mes.
Compartir: