O Concello de Zas organiza unha xornada informativa e formativa sobre a e-administración dirixida ás asociacións
03-12-2019
Co fin de dar a coñecer a sede electrónica do Concello de Zas e todas as súas funcionalidades, o Concello de Zas organiza unha xornada informativa e formativa dirixida especialmente aos integrantes das distintas asociacións do municipio.
Nesta sesión, que terá lugar o vindeiro 10 de decembro en horario de 10:00 a 12:00 horas, abordaranse os distintos métodos necesarios para identificarse telematicamente coas Administracións públicas e, ao mesmo tempo, coñecer en detalle todos os trámites que se poder realizar a través da sede electrónica do Concello de Zas así como os distintos procedementos que hai, como se poden utilizar e todas as súas posibilidades. Dado que as asociacións teñen a obriga legal de comunicarse coa administración por medios electrónicos, na sesión do día 10 de decembro trataranse todos aqueles procedementos de interese para as asociacións.
As persoas interesadas poden inscribirse de forma gratuita chamando ao Concello de Zas a través do número de teléfono 981 70 83 03 e dirixíndose á Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local.
Esta é unha iniciativa organizada polo programa PEL – Concello Dixital; que é un proxecto da Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Zas.