Avanzan os traballos de posta a punto dos camiños para o I Trail dos Foucellas

07-11-2019

 

A posta a punto dos camiños polos que discorrerá o I Trail dos Foucellas xa está case rematada. En coordinación cos membros da Asociación de Veciños Tabeirón, organizadora do evento, o Concello de Zas está a realizar durante estes días os traballos de limpeza dos camiños que comunican a Ponte Lodoso co Parque Empresarial do Allo. 

A maior parte do percorrido discorre por pistas e camiños non asfaltados e hai tres modalidades de participación: un trail longo de 25,5 km, un trail curto de 13,8 km e unha andaina aberta a toda a veciñanza. As inscricións xa se poden realizar a través da páxina web www.ranckr.com e o prazo remata o 4 de decembro. Cada participante deberá abonar 10€ e 5€ no caso da andaina.

 

 

Horarios

 

O I Trail dos Foucellas, que se celebra o domingo 8 de decembro, terá como punto de saída e de chegada a Carballeira de Baio. Os horarios de saída serán ás 09:30 horas tanto para o trail curto como para o trail longo e ás 09:45 horas para a andaina. Este evento deportivo está organizado pola Asociación de Veciños Tabeirón e conta coa colaboración co Concello de Zas. 

Compartir: