O SNL EDITA UNHA GUÍA DE PRODUTOS CULTURAIS EN LINGUA GALEGA

02-07-2010

O Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración cos equipos de normalización dos centros de ensino municipais acaba de editar a guía de produtos culturais en lingua galega titulada "Un verán de lecer".

A publicación recolle 42 recomendacións literarias, musicais e audiovisuais clasificadas por idades co obxectivo de dar a coñecer a oferta existente en galego.

As guías repartíronse entre o alumnado dos centros de ensino do concello, ademais de estar a disposición do público na biblioteca municipal de Zas e na Casa do Concello.
Compartir: