O Concello de Zas aproba a rebaixa do IBI na zona rústica
06-11-2019
A corporación municipal de Zas aprobou esta mañá por unanimidade a rebaixa do Imposto sobre Bens Inmobles - IBI - na zona rústica. A medida, proposta polo grupo de goberno, contempla a reducción dos coeficientes que se aplican sobre o valor catastral dos bens situados en zona rústica para igualar os tipos aos do IBI urbano. Desta forma, a partir do 1 de xaneiro de 2020 o gravame que se lle aplica aos máis de 180 inmobles que se atopan nas diferentes zonas rústicas do Concello de Zas reducirase ata o 0,4% en lugar do 0,65% que se aplicaba até o de agora.
“É a primeira vez que no Concello de Zas se adopta unha medida deste tipo”, sinalou Manuel Muíño, Alcalde de Zas, ao remate do pleno extraordinario celebrado esta mañá no que a única orde do día era esta moción presentada polo BNG de Zas. A ordenanza reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles do Concello de Zas non se modificara dende o ano 2004.