Aberta a convocatoria para a 5ª edición do Coworking Costa da More
25-10-2019
Entre decembro de 2019 e xuño de 2020 desenvolverase en Cabana de Bergantiños a 5ª edición do Coworking Costa da Morte; un espazo coworking froito da colaboración entre o EOI e o Instittuto Galego de Promoción Económica - IGAPE - que conta coa financiación do Fondo Social Europeo; o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e o IGAPE.
Ao igual que nas pasadas edicións, realizaranse diferentes tipos de actividades:
TALLERES
Asistencia de acceso libre (obrigatoria para os participantes do coworking). Axudaráselle aos emprendedores a validar o modelo de negocio con metodoloxías áxiles, así como a desenvolver as habilidades imprescindibles para poñelo en marcha: “Lean Start Up: Evaluación y validación de tu plan de negocio”; “Crowfunding”, “Estrategias de comunicación en redes sociales”, “Creatividad e innovación“, “Cómo poner en marcha un Plan de marketing digital”, etc.
SESIÓNS DE FORMACIÓN GRUPAL
Dirixidas exclusivamente aos participantes do coworking e, por tanto, de asistencia obrigatoria para os mesmos. Nelas traballaranse materias específicas para o impulso e despegue dos proxectos do espazo coworking: “Finanzas para emprendedores no financieros”; “Habilidades de Comunicación”, “Gestión del Talento en un proyecto emprendedor: diseña tu equipo”, etc.
MENTORIZACIÓN
Acceso dos participantes do coworking a sesións de mentorización por. parte de expertos centradas en acompañar aos emprendedores dende o deseño do modelo de negocio ata a posta en marcha e optimizaciión do proxecto, dando resposta ás necesidades que xurdan no camiño.
EVENTOS
Celebraranse diferentes actividades encamiñadas a potenciar o networking e compartir "best practices" contando coa experiencia de outros emprendedores/expertos e empresarios. Asistencia de acceso libre. Como peche á edición celebrarase o Demo Day durante o cal se presentarán os proxectos participantes no espazo coworking, a súa evolución e as posibilidades de colaboración cos mesmos.
CONVOCATORIA
A convocatoria está aberta a emprendedores cun proxecto empresarial en fase temperá de desenvolvemento ou cunha empresa creada recentemente (non máis de 6 meses antes da súa incorporación ao espazo coworking).
Todas as actividades son gratuitas para os participantes, xa que contan coa cofinanciación do Fondo Social Europeo, a EOI e o IGAPE.
Estímanse en 22 os emprendedores que poderán participar nesta convocatoria. A convocatoria permanecerá aberta ata cubrir as prazas do Espazo Coworking.
Máis infornación e inscricións: cwcabana@eoi.es