O Concello de Zas mellora a eficiencia enerxética coa renovación de 24 cadros eléctricos do alumeado público
23-10-2019
Co obxectivo de conseguir unha iluminación pública máis eficiente, o Concello de Zas vén de investir un total de 24.247€ na mellora de 24 cadros eléctricos do alumeado público. A actuación levouse a cabo nas distintas parroquias do municipio.
Os cadros substituíronse por outros máis modernos que contan cun sistema de control que permite acender e apagar as luminarias. Estímase que esta renovación supoña un aforro tanto no consumo eléctrico como nos gastos de mantemento e avarías.
Esta actuación súmase ás xa realizadas polo goberno de Manuel Muíño en materia de eficiencia enerxética no que tamén se levaron a cabo en anos pasados no que se iniciou a renovación das lámpadas de vapor de socio por halóxenos de maior rendemento.