Retirado un abeneiro que caera sobre a canle do Río Grande
16-10-2019

Operarios do Concello de Zas retiraron esta semana un abeneiro que caera sobre a canle do Río Grande á altura do paseo fluvial de Baio.
A caída da árbore non causou ningún dano material nin persoal e tanto a retirada como a posterior limpeza da zona desenvolveuse dentro da normalidade.