Aberto o prazo de inscrición para varios cursos gratuítos da rama agraria

13-10-2019

 

O Concello de Zas vén de abrir o prazo de inscrición para distintos cursos da rama agraria. Trátase dunha formación gratuíta e de carácter semipresencial que están dirixidos tanta a veciños e veciñas do Concello de Zas coma doutros municipios limítrofes. En concreto ofértanse os seguintes cursos:

  • Curso oficial de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios nivel básico. De 25 horas de duración (16 horas online e 9 horas presenciais). As horas presenciais realizaranse ao longo dun sábado do mes de novembro
  • Curso oficial de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios nivel cualificado. Este curso ten unha duración total de 60 horas, das cales 42 horas son online e 18 horas serán presenciais. As horas presenciais realizaranse ao longo de dous sábados do mes de novembro
  • Curso de benestar animal (con expedición do certificado oficial de medio rural) módulo transporte
  • Curso de benestar animal, módulo de explotacións

Información e inscricións

As persoas interesadas en recibir máis información e/ou en realizar algún dos cursos poden chamar a Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Zas (981 70 83 03) en horario de luns a venres de 08:00 a 15:00 horas.

Ao final desta nova, podes descargar o formulario de inscrición.

Descargas

Compartir: