Volven as sesións de contacontos infantís ás bibliotecas municipais de Zas e de Baio
11-10-2019

Xa está en marcha unha nova edición do programa “Ratos nas bibliotecas”, organizado polo Concello de Zas. No programa, que ten como obxectivo animar á lectura aos máis novos da casa, inclúense dúas sesións ao mes de contacontos infantís das que se encargarán os “Ratos de Lonxedeto” da compañía Trinketrinke Teatro.
Esta é unha actividade dirixida principalmente a nenos e nenas de 0 a 8 anos. As funcións serán os martes e comezarán ás 18:00 horas. Como vén sendo habitual, a entrada é de balde.
As sesións arrancan o próximo martes, 15 de outubro, na Axencia da Lectura de Baio a onde os ratiños de Lonxetodo nos traerán o seu espectáculo “O Ratiño Presumido”. Esta mesma función repetirase o 22 de outubro na Biblioteca Municipal de Zas.