ESTE VERÁN, QUÉDATE EN ZAS!
01-01-2010
Poñemos á vosa disposición a oferta de
actividades deseñada polo Concello para que poidades gozar, sen saír de Zas, dun período estival repleto de opcións para todos os gustos e idades.
No
Programa atoparédes todo tipo de iniciativas: campamentos, exposicións, deportes de aventura, excursións, cursos..., en definitiva todo o que podedes demandar para pasar un verán repleto de opcións de lecer.
Inscrición e participación
Para participar será obrigatorio entregar a
solicitude de inscrición que atoparedes no Programa que ofrecemos ao pé desta nova. O
prazo de inscrición de cada actividade finaliza dous días antes do inicio da mesma ou ata cubrir prazas. As solicitudes atenderanse por rigorosa orde de chegada, tendo prioridade as persoas empadroadas no Concello de Zas.
Máis info: Centro sociocultural de Zas. Tlf:
981 751 398. De 9:30 a 14 horas, de luns a venres.