O Concello de Zas organiza unha visita guiada polos pazos do municipio

10-09-2019

Despois dun intenso verán con ducias de actividades para todos e para todas, o Concello de Zas xa ten en marcha novas propostas para os próximos meses. A primeira delas é a “Ruta dos Pazos” que terá lugar o vindeiro 21 de setembro pola tarde.

Os pazos das Torres do Allo, Romelle, Follente e As Edreiras serán as principais paradas desta visita que guiará Evaristo Domínguez Rial. O punto de saída será na praza do Concello ás 15:30 horas.

Inscricións

Os desprazamentos entre pazo e pazo realizaranse en autobús polo que é necesario anotarse previamente no propio Concello de Zas ou a través do número de teléfono 981 708 303 (en horario de luns a venres de 08:30 a 15 horas). A participación é libre e de balde.

Compartir: