Bono social telefónico: que é, requisitos e como solicitalo

05-09-2019

 

O Bono Social telefónico forma parte do Servizo Universal de Telecomunicacións. É unha bonificación na cuota de liña dirixa a pensionistas e xubilados que supón unha importante redución na liña telefónica fixa. 

Beneficiarios:

Os beneficiarios do Bono Social Telefónico son xubilados e pensionistas sempre e cando a súa renda familiar non supere os 9.023,50€. 

É necesario ter en conta que a renda familiar non supere o 120% do IPREM - Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples - segundo o acordo da Comisió Delegada para Asuntos Económicos, publicada no BOE 149 a data de 19 de xuño de 2010.

 

Vantaxas:

O Bono Social Telefónico supón unha importante axuda económica tanto na cota de alta dunha liña fixa individual como unha destacada redución da factura mensual deste servizo. O beneficiario contará cunha redución do 70% na cota de alta inicial e instalación da liña fixa telefónica e dun 95% no recibo mensual de dita liña

Cabe destacar que este servizo só é compatible coa contratación de liñas individuais. 

 

Como solicitalo?

Podes solicitar o Bono Social Telefónico de tres maneiras diferentes:

En calquera dos tres casos debes incluír os seguintes datos:

  • Nome e apelidos do titular da liña. No caso de que o titular da liña sea o cónxuxe do solicitante, hai que incluir o nome, apelidos e DNI
  • Número de teléfono da liña fixa na que se solicita o Bono Social
  • Documentación que xustifique a situación familiar e a condición de pensionista ou xubilado

 

Para máis información:

  • Ou no Concello de Zas (981 70 83 03)

 

 

 

Compartir: