O Concello de Zas despide a programación do verán co XXXII Trofeo de Fútbol

31-08-2019

 

Despois de dous intensos meses, a programación de verán organizada polo Concello de Zas chega mañá ao seu fin co XXXII Trofeo Concello de Zas. O Campo Municipal Platas Reinoso acollerá ás 18:00 horas un encontro entre os equipos sénior do Club Deportivo Baio e do Sporting Zas. O Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, resalta a importancia deste encontro co que o Concello pretende potenciar o deporte así como os clubs locais.

Ademais de marcar o fin da programación de verán do Concello de Zas, este encontro tamén é o último da pretemporada dos nosos equipos antes do inicio das competicións ligueiras. Tamén apuran os últimos días antes da liga os diferentes equipos base do Club Deportivo Concello de Zas que precisamente a próxima semana comezarán os adestramentos. Emilio Corzón será o coordinador das tres categorías (cadete, benxamín e alevín) para os cales ainda continúa aberta a inscrición que se pode realizar nos Centros Socioculturais de Baio e no de Zas.

Compartir: