CONTINÚA O "DIVERVERÁN"

12-07-2010

Esta actividade, que comezou a pasada semana en Zas e en Pudenza, continúa esta semana en Baio dende hoxe luns, 12 ata o xoves 15 de xullo, para os nenos e nenas que están inscritos/as e que en total, xa superan os/as 100 participantes.

Trátase dun espazo de lecer no que os nenos e nenas poden desenvolver vínculos de amizade, aprendendo a gozar do seu tempo libre de verán dun xeito lúdico e educativo, por medio de obradoiros, xogos, experimentos, cociña, circo e pompas de xabón xigantes, entre outras propostas.

Destinatarios/as: nenos e nenas de 5 a 12 anos.
Horario: de 11 a 13h.
Compartir: