Chega unha nova edición de “Os venres a pé” con tres rutas de sendeirismo para toda a familia

08-08-2019

Mañá venres, 9 de agosto, arranca unha nova edición de “Os venres a pé” con tres novas rutas de sendeirismo polo noso municipio que realizaremos o 9, 16 e 23 de agosto en horario de mañá.

 “Os venres a pé” levarannos por algunhas das paraxes naturais máis destacadas do noso municipio. A praza do Concello será o punto de saída e de chegada desta serie de percorridos de dificultade baixa e aptos para nenos e nenas maiores de 7 anos e para todos aqueles adultos que queiran participar. Para realizar estas rutas é recomendables utilizar calzado e roupa e o uso de protección solar. Ademais, os participantes poderán levar a súa propia merenda xa que ao longo das rutas teremos tempo para descansar.

Os/as interesados en participar en calquera das rutas deben anotarse previamente chamando ao número de teléfono 981 751 398 ou 981 718 056. A inscrición é de balde.

Esta é unha actividade organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Zas e que forma parte do programa “Zas no verán!” posto en marcha o pasado mes de xuño co fin de axudar ás familias do noso municipio en temas de conciliación laboral e familiar.

Compartir: