Rematadas as obras de mellora da estrada que comunica Gontalde e A Piolla
18-07-2019
Dentro do plan de mellora da rede viaria municipal, o Concello de Zas vén de renovar o firme con aglomerado da estrada que comunica as localidades de A Piolla (do Concello de Cabana de Bergantiños) e Gontalde cun investimento de 25.000 euros con cargo ao Plan Complementario do POS+2017.
Os traballos realizáronse nas últimas semanas e afectaron as parroquias de Gándara, Carreira e Mira. Concretamente trátase da estrada de A Piolla (dende o acceso a Budián) a Gontalde (ata o enlace coa estrada provincial CP 9304). As obras, que afectaron a unha superficie total de 2.475m², consistiron no fresado do pavimento e na posterior renovación do firme cunha capa de aglomerado en quente de cinco centímetros de groso.
No que vai de ano renovouse o firme de varias estradas de titularidade municipal; unhas melloras que se enmarcan dentro do plan de mantemento e conservación de vías e espazos públicos posto en marcha polo goberno municipal de Zas e que responden ás demandas da veciñanza.