O Club Deportivo Concello de Zas abre o prazo de inscrición para a tempada 2019-2020

15-07-2019

 

O Club Deportivo Concello de Zas vén de abrir o prazo de inscrición para a tempada 2019-2020 nas diferentes categorías base. En concreto trátase das categorías cadete (2004/2005), infantil (2006/2007), alevín (2008/2009), benxamín (2010/2011) e prebenxamín (2012/2013) e que este ano, como novidade, coordinará o adestrador Emilio Corzón.

As persoas interesadas poden anotarse a partir deste mércores, 17 de xullo, no Centro Sociocultural de Zas (981 751 398) e no Centro Sociocultural de Baio (981 718 056).

Compartir: