CURSO DE CONDUCIÓN EFICIENTE EN ZAS

11-06-2010

O concello ofrécevos a posibilidade de participar no Curso de condución eficiente de vehículos turismo que o Instituto Enerxético de Galicia subvenciona co ánimo de fomentar un novo estilo de condución dos vehículos turismos, co que se poden obter diminucións medias no consumo do combustible de ata un 15% sobre a condución convencional, mellorando tamén a seguridade e os efectos perniciosos sobre o medio ambiente.

Este curso teórico práctico de 2 horas de duración e de carácter gratuíto, vaise a realizar o vindeiro martes 29 de xuño, a partir das 10 da mañá. Pode participar toda persoa interesada que dispoña de carné de conducir clase B.


* Información e inscricións: No teléfono 981 751 398.
Compartir: