Aprazada a Festa Infantil

05-07-2019

Debido as condicións climatolóxicas previstas, a Festa Infantil organizada polo Concello de Zas adíase ao sábado 13 de xullo. A Festa Infantil terá lugar entre as 16.00 e as 20:00 horas nas instalacións do Campo Municipal San Andrés e na Piscina Municipal de Zas onde haberá inchables, xogos, tobogáns acuáticos, un touro mecánico, merenda con flocos de millo e moito máis. A entrada é de balde para todos e todas e tan só é necesario traer roupa de baño e chanclas para poder desfrutar da piscina.

Compartir: