Rematadas as obras de rehabilitación da antiga escola unitaria de Mira

02-07-2019

O Concello de Zas conta dende hai uns días cun novo centro social despois de que rematasen as obras de reforma da antiga escola unitaria de Mira.

O edificio presentaba problemas de filtracións que se corrixiron coa renovación da cuberta, a substitución da carpintería exterior e coa reparación das fachadas do edificio. Coas melloras levadas a cabo, cun investimento de 25.000 euros, a veciñanza conta agora cun novo espazo para reunirse e no que realizar diferentes actividades culturais e deportivas.

Manuel Muíño, Alcalde de Zas, destacou que a reforma destes espazos permite reforzar a rede de centros sociais do concello nos que se realizan actividades durante todo o ano, tales como ximnasia, reunións veciñais,… Esta non é a primeira actuación deste tipo que se leva a cabo dende o goberno do BNG de Zas, se non que no anterior mandato os fondos do Plan De Acción Social (PAS) da Deputación da Coruña permitiron a rehabilitación das antigas escolas unitarias de Romelle, Zas, Muíño, San Cremenzo e Carreira.  

Compartir: