Entregados os premios do XI Concurso de Marcapáxinas

21-06-2019

 

O Alcalde de Zas, Manuel Muíño, entregou estes días os premios aos gañadores do XI Concurso de Marcapáxinas organizado polo Concello a través das Bibliotecas Municipais de Baio e Zas. E o veredicto non foi doado tomalo, xa que a boa participación que ten este concurso así como a orixinalidade dos traballos presentados polo alumnado do CPI de Zas e do CEIP Labarta Pose, que é a quen vai dirixido o certame, complicou ao xurado a súa decisión.

Os traballos gañadores desta edición foron:

CATEGORÍA A (ata os 5 anos)

  • Maahira Singh, do CPI de Zas
  • Valeria Fondo, do CEIP Labarta Pose

CATEGORÍA B (de 1º a 5º de Primaria)

  • Ada Gramage, do CPI de Zas
  • Elsa Paredes, do CEIP Labarta Pose

CATEGORÍA C (de 6º de Primaria e 4º de ESO)

  • Nuria López, do CEIP Labarta Pose
  • Claudia Lema, do CEIP Labarta Pose

Os traballos premiados utilizaranse na Biblioteca Pública Municipal de Zas e na Axencia de Lectura de Baio acompañando a cada libro que se preste ata o Día das Letras Galegas do 2020. Cada un dos premios consistiu nun lote de libros. Este é un concurso que se enmarca dentro do programa especial adicado as Letras Galegas “Maio, mes das letras”.

Parabéns a todos/as os/as participantes!

 

Novas relacionadas

Compartir: