Finalizan as obras de mellora na rede varia das parroquias de Vilar, Muíño e San Adrián de Castro
19-06-2019
Nos últimos meses véñense desenvolvemento no Concello de Zas diferentes traballos dirixidos a mellorar a accesibilidade e a estética da rede viaria municipal na que se inclúen estradas asfaltadas, pistas e camiños forestais.
Algúns destes traballos levados a cabo recentemente consistiron na renovación do firme con aglomerado en varias vías do termo municipal e que en total supoñen un investimento de 111.754,02€.
As obras desenvolvéronse nas parroquias de Vilar, Muíño e San Adrián. Concretamente nas estradas de Vilar a Artón; de As Abellas a Brandoñas e de San Adrián de Castro a Vilar e que en total suman case 16.000 m². Os traballos, adxudicados á empresa Farido S.L., consistiron na limpeza e apertura da cunetas, no fresado das zonas onde foi necesario e na posterior renovación do firme cunha capa de aglomerado asfáltico en quente de cinco centímetros de groso.
Estes traballos entran no plan de mantemento e conservación de vías e espazos públicos posto en marcha polo Concello de Zas e que responden ás demandas da veciñanza. Ao longo deste ano, contémplase realizar melloras noutros viais de titularidade municipal.