Continúa aberto o prazo de inscrición para a VI Carreira Pedestre de Zas

27-05-2019

Xa está case todo a punto para a celebración da VI Carreira Pedestre de Zas que terá lugar este sábado, 1 de xuño. Son xa máis de 640 persoas as que confirmaron a súa inscricións que seguen abertas ata este mércores, 29 de maio. Os/as interesados/as en anotarse poden facelo a través da páxina web www.championchipnorte.com e www.correndopolacostadamorte.com.

O punto central das probas, que é a quinta cita do VI Circuíto Correndo Pola Costa da Morte, será a praza do Concello de Zas, lugar no que estará instalado o punto de saída e de chegada.

As diferentes probas discorrerán por distintos lugares das parroquias de Zas, Loroño, Vilar e Lamas pasando por algúns dos lugares máis emblemáticos do noso municipio e cun claro predominio de espazos sen asfalto o que o converte nunha das carreiras “máis verdes” de todo o circuíto.

Horarios

As probas disputaranse na tarde deste sábado. Primeiro será a quenda dos benxamíns e alevíns que sairán da meta ás 16:50 horas. Ás 17:15 horas farano os participantes na absoluta 3K Contra o Cancro e un minutos despois, ás 17:17 horas, sairán as categorías infantil, cadete e xuvenil. Ás 18:00 horas arrincarán os da 10K Sénior, M40 e M50. E xa por último, ás 19:20 horas sairán os pitufos.

Os dorsais e os chips poderán recollerse o propio día da carreira a partir das 15:00 horas nunhas mesas que se instalarán na Casa do Concello e poderán recollerse ata 30 minutos antes do inicio de cada unha das probas.

Por outra parte, o Concello de Zas poñerá a disposición dos corredores os vestiarios e as duchas do pavillón municipal de Zas e do campo de fútbol San Andrés. Ambas instalacións contan cunha ampla zona de aparcamento e están situados nas inmediacións da praza do Concello.

Novas relacionadas

Compartir: