O Centro Sociocultural de Baio acolle a exposición fotográfica “Nós tamén fomos emigrantes”

22-05-2019

Do 23 de maio ao 16 de xuño pode visitarse a exposición fotográfica “Nós tamén fomos emigrantes” no Centro Sociocultural de Baio. A mostra está composta por unha escolma de fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. As 40 fotografías que compoñen a mostra son en branco e negro e foron realizadas por distintos fotoxornalistas da Axencia EFE.

Inauguración

A mostra inaugurarase mañá, 23 maio, ás 10:30 horas, nun acto aberto a toda a veciñanza e no que ademais realizarase unha visita guiada polas diferentes fotografías que compoñen a mostra. O Centro Sociocultural de Baio está aberto de martes a venres, en horario de 15:30 a 21:30 horas, e os sábados de 10:00 a 18:00 horas. A entrada é de balde.

Esta actividade enmárcase no programa “Corrente Cultural” de Abanca de Afundación e que ten como obxectivo espallar cultura por toda Galicia coa colaboración dos diferentes concellos.

Compartir: