Aberto o prazo de inscrición para o curso de manipulador de alimentos
14-05-2019

O Concello de Zas, a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local, organiza un curso de manipulador de alimentos dirixido principalmente a todas aquelas persoas que, pola súa actividade laboral, interveña nalgunha das fases polas que pasa un alimento (preparación, fabricación, transformación, envasado, transporte, distribución,…).
O curso realizarase o próximo 24 de maio no Centro Sociocultural de Zas en horario de 17:00 a 20:00 horas. O prazo de inscrición xa está aberto. As persoas interesadas pode dirixirse á Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Zas a través do número de teléfono 981 708 303. A actividade ten un custe de 25€.