Continúa aberto o prazo de presentación das de presentación de solicitudes das axudas do Plan de Emprego Local (PEL-2019)

10-04-2019

O próximo 22 de abril de 2019 ás 14:00 horas péchase o prazo para presentar a solicitude das liñas de axuda do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación da Coruña para a anualidade 2019, dirixidas a pequenas, medianas empresas, microempresas e autónomos/as.

O obxectivo das axudas é contribuír á consolidación e fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña, axudando ás pequenas empresas, autónomos e emprendedores na creación de emprego e no financiamento de investimentos e actividades. Este é o terceiro ano que se convocan estas liñas de axudas, que en 2019 suporán un investimento de 5.260.000 euros, dos que 3 millóns se destinan a subvencionar a contratación de traballadores/as e 2,26 millóns a financiar novos investimentos en actividades en empresas de recente creación.

Liñas de axudas:

  • LIÑA PEL-EMPRENDE INVESTIMENTO: Axudas para a consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables.
  •  LIÑA PEL-EMPRENDE ACTIVIDADES: Axudas para o apoio á realización de actividades e/ou actuacións no desenvolvemento da iniciativa empresarial.
  •  LIÑA PEL-PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Axudas á creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas.
  • LIÑA PEL-PEMES MANTEMENTO: Axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas.

A quen están dirixidas?

Valórase con maior puntuación a presenza feminina e a de persoas con diversidade funcional na participación do capital das empresas e como novidades principais das liñas 2019 pódense destacar as seguintes:

  • Valoraranse cunha maior puntuación as empresas enmarcadas na economía social como as cooperativas e sociedades laborais.
  • Outorgarase unha maior puntuación a aqueles solicitantes que non tiñan sido beneficiarios na convocatoria anterior co obxectivo de poder chegar a máis empresas do territorio.
  • Tamén se valorarán especialmente aquelas empresas enmarcadas nas actividades económicas consideradas con mellores perspectivas segundo a Estratexia Española de Activación para o Emprego (EEAE 2017-2020). Como son as de Hostalería e turismo, recuperación do comercio polo miúdo, comercio por xunto, transporte e loxística, educación, sanidade, servizos sociais, servizos avanzados ás empresas...

A solicitude das axudas só poderá realizarse mediante o envío da documentación requirida nas bases de xeito telemático, a través da plataforma Subtel. Todos os anexos requiridos para a presentación das candidaturas poderán ser descargados na plataforma SUBTEL, na sección correspondente ás diferentes convocatorias.

As bases das catro liñas de subvención poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia nº 45 do 06.03.2019 ou premenendo na seguinte ligazón:

http://bop.dicoruna.es/bopportal/cambioBoletin.do?fechaInput=06/03/2019

 

Podes ampliar a información na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Zas (981 70 83 03). 

Compartir: