Curso en Actividades Auxiliares de Almacén
09-04-2019
O Plan de Emprego Local (PEL 2016-2019) posto en marcha pola Deputación da Coruña, dando un paso adiante no fomento do emprego a nivel provincial e aglutinando diferentes estratexias dirixidas a favorecer o desenvolvemento económico, contempla a captación de fondos europeos para o desenvolvemento de proxectos no territorio, en especial aqueles que resulten de interese para a xeración de emprego e o crecemento sostible.
Neste senso, o Proxecto EIXO enmárcase estratexicamente neste Plan, co obxecto de dotalo dos recursos necesarios para a execución de accións de inserción para a poboación xove da provincia, estratexia indispensable para a consecución do principal obxectivo do PEL.
Formación
No marco do Proxecto EIXO_Estratexia de Inserción Xove da liña 4 do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña, estase a programar a impartición das accións formativas, específica e complementaria, do Itinerario de Comercio e Loxística que inclúe ó acceso ao carnet C e ao certificado de aptitude profesional para o transporte de mercancías (CAP)
(COML0110) ACTIVIDADES AUXILIARES DE ALMACÉN (RD 1522/2011, de 31 de octubre)
A formación teórico- práctica realizarase nas instalacións que oferta a empresa adxudicataria, sitas para a zona centro_sur no Polígono Industrial do Milladoiro e na cidade de Santiago de Compostela, e para a zona centro_norte en A Barcala-Cambre e no Polígono Industrial de Ledoño (Culleredo).
A data de inicio, prevista para mediados de maio, será comunicada ao longo do proceso de selección.
A xornada formativa obrigatoria, a desenvolver preferentemente, é en horario de mañán, contempla as horas de formación propias do certificado de profesionalide de Actividades Auxiliares de Almacén, a obtención do carnet C e o CAP, xunto cas horas correspondentes á formación transversal e complementaria en igualdade de oportunidades, lingua estranxeira e novas tecnoloxías, así como sesións grupais e individuais de orientación e desenvolvemento de competencias e habilidades para a inserción laboral.
Esta é unha actividade dirixida a mozos e mozas menores de 30 anos e inscritos na Oficina de Emprego.
Inscricións
As inscricións poderán realizarse a través da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Zas. Só se admitirán as inscricións enviadas por correo electrónico (eixo.pel@dacoruna.gal) por cada concello antes das 14 horas dese día e que conteñan os datos e documentación sinalada no documento achegado, no que se detalla toda a información relativa ao itinerario que se inicia e ao proceso de inscrición e selección das persoas mozas participantes.
O prazo de inscrición péchase o próximo martes 30 de abril ás 14:00 horas.