Os obradoiros infantís volven esta Semana Santa aos Centros Socioculturais de Zas e de Baio

08-04-2019

A Semana Santa xa está aquí e con ela chega un novo programa do Concello de Zas encamiñado a conciliar a vida laboral e familiar dos nosos veciños e veciñas durante este período de vacacións escolares.

Así os días 15, 16 e 17 de abril desenvolveranse nos Centros Socioculturais de Zas e de Baio uns obradoiros infantís gratuítos dirixidos a todos os nenos e nenas do noso municipio. Nos talleres os máis novos traballarán a súa creatividade a través das manualidades e dos xogos. Os obradoiros realizaranse en horario de mañá (de 11:00 a 13:00 horas) en Zas e en horario de tarde en Baio (de 16:00 a 18:00 horas) e están dirixidos a todos os nenos e nenas de 4 a 12 anos.

Para participar é necesario inscribirse previamente ben en cada un dos Centros Socioculturais ou ben chamando aos números de teléfono 981 751 398 ou 981 718 056. O último día para anotarse é o venres 12 de abril. As inscricións son de balde.

Compartir: