A Policía Local de Zas leva aos centros educativos do noso municipio o programa de educación viaria

04-04-2019

Co fin de fomentar o coñecemento e os bos hábitos na seguridade viaria entre os máis novos, a Policía Local de Zas desenvolve durante estes días unhas xornadas de educación viaria dirixidas aos alumnos e alumnas do CEIP Labarta Pose e do CPI de Zas.

As sesións divídense en dúas partes. Na primeira parte, Andrés Alonso, Policía Local de Zas, imparte unha amena e práctica charla onde lles expón unha serie normas e consellos sobre a seguridade viaria que son gran utilidade para o seu día a día. O obxectivo é que aprendan a comportarse de forma responsable e segura como viaxeiros, como condutores de bicicletas ou patinetes e como peóns.

Unha vez rematada a charla e aclaradas todas as dúbidas, que son moitas, chega a segunda parte da sesión na que teñen que demostrar o aprendido e que é un dos momentos que máis lles gusta a todos e todas. E non é para menos, xa que deberán demostralo nun espectacular circuíto con semáforos, sinais de tráfico, rotondas e pasos de peóns polo que teñen que transitar conducindo un kart, unha bicicleta, un patinete ou como peóns. O circuíto está instalado no pavillón municipal de Baio e o venres trasládase ao de Zas.

Compartir: