A Deputación e o Concello de Zas investirán máis de 117.000 euros na 1ª fase das obras de mellora da Avenida da Cacharosa

29-03-2019

 

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe un convenio nominativo para o financiamento da mellora de infraestruturas, da rede de saneamento e da renovación do pavimento dun dos tramos da marxe esquerda da Avenida da Cacharosa de Baio en plena estrada comarcal AC 552. Os traballos suporán un investimento de 117.899,34 euros, dos que o 80%  (94.319,47€) serán achegados pola Deputación e o 20% restante polo Concello de Zas.

Este convenio de colaboración entre a Deputación da Coruña e o Concello de Zas permitirá que en breve comecen os traballos nunha zona que presenta numerosas carencias en canto ao saneamento se refire ademais da necesidade da renovación do pavimento. A primeira fase dos traballos executarase entre os puntos quilométricos 57,600 (cruce de Baio Pequeño)  e 57,200 (cruce de Zas) da marxe esquerda da AC-552 (dirección A Coruña) por ser a que maiores dificultades presenta actualmene. Unha vez remata esta 1ª fase dos traballos, iniciarase o proceso para estendelas melloras ao resto da Avenida da Cacharoza.

Con esta actuación substituiránse as redes de saneamento - que actualmente son de fibrocemento -, realizaranse as acometidas de auga e tamén se canalizarán as augas pluviais. En canto ao aspecto, está prevista a renovación do pavimento co que mellorará notablemente a imaxe desta zona urbana.

Nos próximos días, o Alcalde de Zas e Deputado Provincial, Manuel Muíño Espasandín, e un representante da Deputación da Coruña asinarán o convenio que lle permiten ao Concello de Zas - e grazas á colaboración coa Deputación da Coruña -  continuar co seu plan de mellora das infraestruturas incrementando así a calidade dos servizos que se ofrecen á veciñanza.

Compartir: