Rematan os traballos de mantemento do Campo de Fútbol de Baio

26-03-2019

 

Dentro do seu compromiso co deporte e coa mellora das instalacións deportivas, o Concello de Zas vén de realizar diferentes labores de mantemento no Campo Municipal Platas Reinoso de Baio.

Os traballos centráronse na limpeza do terreo de xogo que se realizaron cunha máquina  específica que conta cun aspirador de microparticulas, cun cepillo varredor e cun cribo vibrador que devolve as partículas de caucho recollidas e repartíndoas de forma homoxénea. Ademais, revisáronse todas as xuntas e liñas de xogo e reparáronse aquelas que o necesitaron. Tamén se mellorou o perímetro do campo coa limpeza dos canais de recollida de auga así como a substitución das reixas.

Despois destes traballos de mantemento, as instalacións xa están a disposición do Club Deportivo Concello de Zas e do Club Deportivo Baio, que xa o utilizaron esta fin de semana, así como o do resto dos clubs do municipio.

Compartir: