CURSOS DE FORMACIÓN CONTINUA PARA O SECTOR DA LIMPEZA

10-05-2010

O Concello de Zas informa que se van a realizar, en colaboración coa Asociación de Empresarios de Limpeza de Edificios e Locais da Coruña e a empresa GESAN SL, 2 cursos de formación para o sector da limpeza.

Os cursos que se ofertan son ?Limpeza, tratamento e mantemento de chans, paredes e teitos? de 30 horas de formación presencial, e ?Seguridade e manexo de maquinaria de limpeza? de 20 horas de formación presencial.


Terán preferencia para asisitir como alumnos os traballadores do sector, ou os autónomos que estean en activo nas datas de comezo do curso. Tamén poderán asistir as persoas desempregadas que teñan tarxeta de desempregado, pero neste caso o nº de prazas será reducido.

Os horarios poñeranse en función das preferencias das persoas asistentes, e o prazo de inscrición remata o vindeiro 13 de maio. As persoas interesadas en participar deberán realizar a súa inscrición na Axencia de Emprego e Desenvolvemento local do Concello de Zas, ou ben no teléfono 981 708 303.

Documentación necesaria para realizar a inscrición:

- Fotocopia do DNI.
- Fotocopia da Tarxeta da Seguridade Social.
- Para traballadores por conta allea: Fotocopia da cabeceira da última nómina
- Se é traballador autónomo, fotocopia do último recibo de autónomos.
- Se é desempregado: tarxeta de demandante de emprego.

Compartir: