O Concello de Zas convoca un pleno extraordinario e urxente para tratar os recortes no servizo de pediatría

21-02-2019

 

O Concello de Zas celebra mañá, venres 22 de febreiro, ás 19:00 horas un pleno extraordinario e urxente no que se tratarán varios temas relacionados coa sanidade. Así, na orde do día figuran a análise, debates e acordos que procedan sobre os recortes na sanidade galega efectuados polo Partido Popular na comunidade galega; a análise, debate e acordos que procedan sobre a situación sanitaria no Concello de Zas e a análise, debate e acordos que procedan sobre a solicitude efectuada pola coordinadora “Zas sen recortes en pediatría”.

Esta convocatoria xurde a raíz da solicitude presentada pola Coordinadora “Zas sen recortes en pediatría” o pasado 14 de febreiro no rexistro municipal. Na súa petición, os representantes dos pais e nais usuarios do servizo de pediatría no noso municipio solicitan a convocatoria dun “pleno extraordinario e urxente” así como o apoio de toda a corporación municipal a todas as accións que se fagan dende a plataforma co fin de restablecer o servizo e recuperar as 35 horas de atención pediátrica á semana para os máis de 330 nenos e nenas do concello.

Compartir: