UN XEITO ORIXINAL DE DAR A COÑECER O NOSO CONCELLO

07-05-2010

A partires de hoxe os usuarios da Rede poderedes coñecer Zas dun xeito distinto, xa que na nosa páxina web atoparedes un Libro Interactivo Multimedia, que vos levará por cada recurso turístico do concello, un xeito orixinal e divertido de dar a coñecer o noso municipio, xa que este Libro alterna información, fotos e xogos.

Ao tempo que vos achegades a Zas máis polo miúdo, interactuarédes xogando con cada pazo, con cada paraxe natural...

... Os máis pequenos atoparán unha maneira divertida de visitarnos. Xa non hai excusas para quen non coñeza este municipio.

Queredes xogar?
Compartir: