MAIO, O MES DAS LETRAS EN ZAS

26-04-2010

A Biblioteca Municipal e o Concello de Zas, con motivo da celebración do día das Letras Galegas, convocan o II Concurso de Marcapáxinas, no que poden participar todos/as os/as residentes no Concello de Zas ou arredores.

A Biblioteca quere sumarse así aos actos de homenaxe ao escritor Uxío Novoneira. Os separadores de lectura premiados, serán publicados polo Concello, e utilizaránse na Biblioteca Pública Municipal, acompañando a cada libro que se preste ata o Día da Letras do ano 2011. Achegamos as Bases do concurso para todos/as os/as interesados/as.

O MES DAS LETRAS EN ZAS

Por outra banda, publicamos na nosa axenda o programa de iniciativas deseñado polo Concello con motivo da conmemoración do Mes das Letras: Obradoiros, representacións teatrais, contacontos... atoparedes actividades para todos os gustos e idades.

Animámosvos a participar!
Compartir: