Os Reis Magos percorren o Concello de Zas

04-01-2019

 

En Zas xa está todo preparado para recibir mañá a visita dos Reis Magos. Os tres magos percorrerán en carrozas todas as parroquias do noso municipio acompañados dun bo número de paxes que lles axudarán a repartir os centos de quilos de caramelos entre toda a veciñanza. As súas maxestades sairán ás 10:00 horas de Andregalla para iniciar dende alí un percorrido que lles ocupará unha boa parte do día. O itinerario e os horarios estimados serán os seguintes:

10:00 horas: Andregalla

10:30 horas: Lamas

10:45 horas: San Cremenzo

11:00 horas: Gándara

11:30 horas: Carreira

12:00 horas: Mira

12:30 horas: San Adrián

12:45 horas: San Martiño

13:15 horas: Pudenza

14:30 horas: Brandomil

14:50 horas: Brandoñas

15:00 horas: O Couto

15:15 horas: Meanos

15:30 horas: Loroño

15:45 horas: Vilar

16:00 horas: Fornelos

16:15 horas: O Allo

17:00 horas: Baio e a continuación recepción no Auditorio da vila acompañada dunha actuación infantil

18:30 horas: Zas e a continuación recepción no Centro Sociocultural con actuación infantil

Unha vez feito o percorrido haberá dúas recepcións reais. Ás 17:00 horas os Reis Magos percorrerán as rúas de Baio e dende alí dirixiranse ao  auditorio da vila para que os máis pequenos poidan falar con eles e de entregarlles as súas cartas. A festa prolongarase coa actuación de Rudi Rudi a partir das 18:30 horas. E xusto a esa hora, os Reis Magos estarán xa polas rúas de Zas camiño do Centro Sociocultural onde lle faremos outra recepción acompañada da actuación infantil de As Sircópatas. Ao remate, pecharemos a programación de Nadal posta en marcha polo Concello de Zas coa entrega dos premios do concurso “PanxoliñaZas”.

Seguridade

Co fin de garantir a seguridade, as carrozas irán acompañadas durante o seu percorrido de membros de Protección Civil e da Policía Local polo que, dende o Concello de Zas, rogamos atender ás súas recomendacións así como vixiar en todo o momento aos máis pequenos gardando as debidas distancias de seguridade.

Compartir: