Quico Cadaval presenta “Os Inocentes” no Auditorio de Baio

28-12-2018

O humor volve mañá ao Auditorio de Baio da man de Quico Cadaval; outra das propostas do completo programa de Nadal organizado polo Concello de Zas.

“Os Inocentes” é o nome do espectáculo de narración teatral que xira ao redor da Guerra Civil no que o autor, Quico Cadaval, mistura o humor, a proximidade das personaxes e a denuncia. A actuación comeza ás 21:30 horas e a entrada é de balde.

Outra das propostas do Concello de Zas para esta fin de semana son as sesións de baile para os nosos maiores que, como sempre, terá lugar entre as 20:00 e as 23:00 horas no Centro Sociocultural de Zas. O dúo Charada será o encargado de amenizar o baile de mañá.

Compartir: