Celso Sanmartín trae o seu monólogo “Contar” ao Auditorio de Baio

21-12-2018

 

Despois dunha intensa semana cargada de actividades nos centros educativos do municipio, o programa de Nadal organizado polo Concello de Zas volve mañá con propostas dirixidas principalmente ao público adulto.

Diso encargarase Celso Sanmartín, que xa non é a primeira vez que actúa no noso municipio. “Contar” é o título do monólogo que ofrecerá mañá, a partir das 21:30 horas, no Auditorio de Baio. A entrada é de balde.

Obradoiros

O programa de Nadal do Concello de Zas continúa a próxima semana cos “Obradoiros e xogos de Nadal” dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos e que se desenvolverán os días 26, 27 e 28 de decembro no Centro Sociocultural de Baio entre as 16:00 e as 19:00 horas. A seguinte quenda será a próxima semana no Centro Sociocultural de Zas.

Para participar nesta actividade é necesario anotarse previamente no número de teléfono 981  751 398 ou no 981 718 056. A inscrición é gratuíta.

Compartir: