O Concello de Zas doa diverso material á Escola Infantil

20-12-2018

 

Un ano máis, o Concello de Zas quixo colaborar coa Escola Infantil da vila coa entrega de diverso material que axudará a satisfacer as necesidades dos máis de vinte nenos e nenas matriculados. O material, entre os que se atopan xoguetes, libros e mobiliario entregouno o Alcalde de Zas, Manuel Muíño Espasandín, durante a visita que fixo ao centro o pasado martes.

A Escola Infantil de Zas forma parte da Rede de Escolas Infantís de Galicia xestionadas pola Xunta de Galicia. Durante os últimos anos, o Concello de Zas colabora co centro a través da doazón de diverso material coa que se dá resposta ás necesidades máis inmediatas. 

O do martes foi un día moi especial para os nenos e nenas da Escola Infantil de Zas xa que ademais de recibir novo material para o centro tiveron a visita de Papa Noel que se achegou ata alí para falar con eles e para entregarlles uns pequenos agasallos. Ese mesmo día, Papa Noel tamén visitou onte aos alumnos e alumnas do ciclo de infantil do CPI de Zas aos que lles entregou uns pequenos agasallos e recolleu todas as súas peticións.

Estes días previos ás vacacións do Nadal están sendo moi especiais para os nenos e nenas do municipio xa que a programación de Nadal artellada polo Concello de Zas desenvolvése ao longo desta semana nos centros educativos do municipio.

Compartir: