CURSO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NA CONSTRUCIÓN

08-03-2010

A Fundación Laboral da Construción, en colaboración co Concello de Zas, organizará para o próximo xoves día 25 de marzo no Centro Sociocultural un Curso de Prevención de Riscos Laborais denominado Aula Permanente.

Esta xornada de formación terá 8 horas de duración, en horario de 9.30 a 14.00 horas e de 15.30 a 19.00 horas e está dirixida tanto a autónomos, e a persoal en activo en empresas do sector da construción, como a personas en situación de desemprego que ou ben prestasen os seus servizos en empresas da construción ou ben que aspiren a traballar en dito sector.

As persoas que asistan ao curso, e cumpran os requisitos, poderán solicitar a tramitación da Tarxeta Profesional da Construción (TPC). Na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local recollerase a documentación para facilitar a súa tramitación por parte da Fundación Laboral da Construción.

Para solicitar esta tarxeta TPC, que será obligatoria a partir do 31/12/2011, é necesario estar traballando nunha empresa do sector da construción actualmente, ou ben ter traballado durante polo menos un mes nos últimos 3 anos.

As persoas que desexen participar deberán facer unha preinscrición no teléfono 981 708 303, ou ben persoalmente no Concello de Zas, antes do vindeiro 18 de marzo.

Para consultar a documentación necesaria para a participación na xornada só teñen que abrir o documento que ofrecemos ao pé.

Compartir: