Volven os “Ratos nas Bibliotecas”

03-12-2018

 

Coa chegada do mes de decembro, chega tamén unha nova edición do programa “Ratos nas Bibliotecas” organizado polo Concello de Zas a través da Concellería de Cultura. No programa, que ten como obxectivo a animación á lectura, inclúense doce sesións de contacontos dirixidos principalmente á infancia e das que se encargan os “Ratos de Lonxedetodo” da compañía Trinketrinke teatro.  

A iniciativa está consolidada xa coma unha alternativa de ocio e cultural para nenos e nenas dende os 0 ata os 8 anos.  As funcións son os martes e comezan sempre ás 18:00 horas. A entrada é de balde.

As sesións arrancan mañá martes, 4 de decembro, na Biblioteca Municipal de Zas a onde os ratiños de Trinke Trinke Teatro traerán o seu espectáculo “A escola de Lonxedetodo”. Esta mesma función, repetirase o 11 de decembro na Axencia de Lectura de Baio.

 

Calendario de contacontos

Estas son as citas do programa “Ratos nas Bibliotecas”

  • “ A Escola de Lonxedetodo”: 4 de decembro (Zas) e 11 de decembro (Baio)
  • “De onde veñen os bebés?”: 15 de xaneiro (Zas) e 29 de xaneiro (Baio)
  • “Unha praia particular”: 12 de febreiro (Zas) e 26 de febreiro (Baio)
  • “Cores e persoas”: 5 de marzo (Zas) e 19 de marzo (Baio)
  • “Unhas botas misteriosas”: 9 de abril (Zas) e 23 de abril (Baio)
  • “O pequeño circo das mans”: 7 de maio (Zas) e 21 de maio (Baio)
Compartir: