O Concello de Zas abre o prazo de solicitudes de axudas para estudantes

01-12-2018

O Concello de Zas vén de convocar, por un total de 29.100 euros, as axudas económicas para o alumnado empadroado no municipio e escolarizados en ensinanza primaria e secundaria, bacharelato, ciclos formativos e en estudos de grao medio e superior.

O obxectivo desta convocatoria é a integración socio-laboral dos pais, nais, titores ou acolledores mediante o apoio ás familias que non poden afrontar o custo dos estudos. Os beneficiarios das axudas, que son compatibles con calquera outra que reciban por este concepto, son as familias do concello con menores recursos económicos.

As bolsas adxudicaranse en función dunha serie de baremos tales como a capacidade económica familiar, o número de membros que integran a unidade familiar así como os méritos académico do/a alumno/a. Para o financiamento destas bolsas, o Concello de Zas destina un crédito máximo de 29.100 euros correspondentes ao orzamento de gastos do 2018. O crédito repartirase en 180 bolsas que van dende dende os 120 euros por estudante até os 360 euros.

 

Prazo de presentación

O prazo de presentación das solicitudes está aberto até o vindeiro 14 de decembro. Ao final desta nova podes consultar as bases así como descargar a folla de solicitude que se debe presentar no Rexistro Xeral do Concello.

Ligazóns

Descargas

Compartir: