O CONCELLO DE ZAS ORGANIZA OBRADOIROS DE LINGUAXE NON SEXISTA
03-03-2010
Durante todo o mes de marzo, para conmemorar o Día da Muller Traballadora, o Concello de Zas, a través do Servizo de Normalización Lingüística, desenvolverá uns obradoiros de linguaxe non sexista.
Os obxectivos destes obradoiros son o de procurar a utilización dunha linguaxe cun tratamento igualitario entre homes e mulleres e o de loitar contra os estereotipos lingüísticos sexistas e as expresións androcéntricas na linguaxe.
As persoas asistentes aos obradoiros poderán identificar os casos de uso sexista da linguaxe e disporán das ferramentas axeitadas para evitalos. As sesións desenvolveranse de xeito práctico, centradas fundamentalmente na análise de documentos reais.
Os obradoiros terán unha duración de 6 horas repartidas en varias sesións e desenvolveranse en Baio, Zas e Fornelos.
Contacto para completar información >>