Bases para a concesión de becas de estudo curso 2018-2019

30-11-2018

As Bolsas de Estudo para o curso 2018-2019 que se concederán por parte do Concello de Zas teñen por obxecto fomentar a educación e os estudos para o presente curso escolar dos alumnos empadroados e escolarizados nos seguintes cursos:

  • Ensinanza Primaria
  • ESO, Bacharelato e ciclos formativos ( medios e superiores)
  • Estudos de Grao Medio e Superior.

A finalidade destas bolsas é a integración socio-laboral dos pais, nais, titores ou acolledores, mediante o apoio a aquelas familias que non poden afrontar o custo do servizo, pola súa carencia de recursos económicos, ó abeiro da competencia atribuída aos concellos polo artigo 5 da Lei 3/1997, do 9 de xuño, de protección xurídica, económica e social a familia, a cal permite aplicar medidas preventivas e paliativas para garantir as necesidades básicas daquela no eido da vivenda, educación, cultura e traballo.

Os beneficiarios das axudas, serán as familias con menores recursos económicos do municipio, e serán compatibles con calquera outra que perciban polo mesmo concepto.
Para o financiamento destas bolsas destínase un crédito máximo de 29.100 euros correspondente ó programa 326.48000 do orzamento de gastos para o ano 2018.

Descargas

Compartir: