Bases para a contratación dun Técnico/a de Patrimonio no Concello de Zas
30-11-2018
A presente convocatoria ten por obxecto regular o procedemento de selección para a creación dunha lista de substitución integrada por persoal susceptible de ser contratado como personal laboral temporal para unha praza de persoal técnico de patrimonio para a atención da "Ruta dos pazos barrocos", do Concello de Zas, mediante o procedemento de concurso-oposición, nos termos e condicións salientados na Resolución da Deputación da Coruña publicada no BOP nº 127, do 05/07/2018, pola que se aproba a concesión definitiva das subvencións correspondentes ao programa FO216: Programa de subvencións a concellos e entidades locais para contratar persoal técnico para atención de museos e centros de interpretación, durante o ano 2018.
A persoa será contratada baixo a modalidade de contrato temporal a xornada completa, baixo a modalidade de obra ou servizo, por un período de 3 meses, con distribución de xornadas segundo se estableza pola Alcaldía.