Curso de desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web
06-11-2018
A Deputación da Coruña vén de abrir o prazo para a presentación de solicitudes para participar no curso FCD0210 "Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxías web" (RD 1531/2011, de 31 de outubro modificado polo RD 628/2013, de 2 de agosto) que está dirixido a xóvenes en situación de desemprego.
A formación teórico- práctica realizarase, nas instalacións que a empresa adxudicataria ten acreditadas en Arteixo, Asociación Agarimo, e, a data de inicio, prevista para a última quincena de novembro, será comunicada ao longo do proceso de selección.
A xornada formativa obrigatoria a desenvolver en horario de mañán, contempla as horas de formación propias do certificado de profesionalide xunto cas horas correspondentes á formación transversal e complementaria en igualdade de oportunidades, lingua estranxeira e novas tecnoloxías, así como sesións grupais e individuais de orientación e desenvolvemento de competencias e habilidades para a inserción laboral ( 510 horas de teoría e 80 horas de PNL).
O número de prazas para toda a provincia é de 15.
O prazo de inscrición péchase o próximo MERCORES 20 DE NOVEMBRO ás 14:00 horas.
A xornada formativa obrigatoria a desenvolver en horario de mañán, contempla as horas de formación propias do certificado de profesionalide xunto cas horas correspondentes á formación transversal e complementaria en igualdade de oportunidades, lingua estranxeira e novas tecnoloxías, así como sesións grupais e individuais de orientación e desenvolvemento de competencias e habilidades para a inserción laboral.
As persoas interesadas en participar neste curso deberán presentar no Concello de Zas a súa solicitude completamente cuberta e asinada, a cal poden solicitar no mesmo Concello. Xunto con ela deberá achegarse a seguinte documentación:
- Historial formativo e profesional cumprimentado e asinado pola persoa candidata
- DNI por ambas as dúas caras,
- Tarxeta ou documento que acredite o número de afiliación á Seguridade Social
- Certificado/volante actualizado de empadroamento, tarxeta de demanda de emprego debidamente actualizada (non se considerarán as tarxetas de demanda de mellora de emprego)
- Documento que acredite o requisito de acceso a certificados de profesionalidade de nivel 3
- Documento de inscrición no rexistro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.