CLAUSURA DAS ESCOLAS MUNICIPAIS DE TEATRO

28-05-2010

O domingo 30 de maio ás 11:00 horas no Auditorio do Concello, e o 6 de xuño ás 17:00 horas no Auditorio de Baio vaise celebrar a clausura das Escolas de Teatro do Concello de Zas, nas que participaron 35 nenos e nenas de 7 a 14 anos repartidos en dous grupos ( Zas e Baio).

As clases comezaron no mes de outubro, e tiveron lugar os sábados de 12 a 13:30 horas en Baio, e de 15:30 a 17:00 horas en Zas. Os monitores encargados da actividade foron Marco Álvarez e Pablo Soto, ambos pertencentes ao Grupo de teatro Badius.

As obras que van representar os dous días son as seguintes:

- O Picarón
- Tres Cacholas
- Aprendiz de bruxo
- Lío de mozos
- Xan o troglodita
- Rei Leandro
- Historias do Bar Tolo

Ao remate das actuacións do domingo 6 de xuño, os alumnos recibirán cadanseu diploma de mans do alcalde de Zas, Manuel Muíño.
Compartir: